Francisco Piñeiro compartiu o trofeo de campións zonais con todos os xogadores do equipo, trofeo que conseguiron tras superar ao Colexio Salesianos na final da competición. O presidente da Asociación de Veciños de Navia recoñeceu o gran traballo e esforzo do grupo, e se interesou pola próxima competición do conxunto.
O Cadete Masculino «C», Seis do Nadal SD Navia, disputará a Copa FGB Cadete Masculina 2010/11, competición de ámbito autonómico na que participarán os primeiros clasificados de cada unhas das delegacións zonais da Federación Galega. No primeiro cruce de cuartos o conxunto da SD Navia xogará ante o Cenor Cluny de Santiago de Compostela. O primeiro partido xogarán o próximo mércores 4 de maio na pista santiaguesa, disputándose o partido de volta o sábado 7 de maio do 2011 no Polideportivo de Navia ás 18.00 horas..
Francisco Piñeiro desexoulle ao combinado moita sorte na súa nova andaina competitiva agardando que «o pavillón de Navia poida vivir moitos éxitos máis deste equipo así como do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia».
Información recibida de Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia www.seisdonadalcoia.com