As ligas Linco Linorsa do Seis do Nadal arrancan no pavillón de Navia

As Ligas Linco Linorsa regresan unha tempada máis ás pistas de Balaídos e Navia, gran novidade desta edición e que foi a pista protagonista da posta en marcha destas competicións interescolares. Os campionatos organizados un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia foron presentados o pasado venres 28 de xaneiro do 2011 a partir das 16:30 horas.

Os 19 equipos inscritos que xogarán nas dúas Ligas Internas de Colexios se deron cita no novo pavillón de Navia para dar o pistoletazo de saída das competicións. Na IX Liga Interna de Colexios, dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos, participarán sete equipos benxamíns e seis equipos alevíns, participando seis conxuntos na II Linco Linorsa XL, dirixida a rapaces e rapazas de 13 a 16 anos.

Con preto de 200 participantes procedentes das diferentes escolas deportivas organizadas e dirixidas polo club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia (CEIP Seis do Nadal, Illas Cíes, Javier Sensat, Pintor Laxeiro, Doutor Fléming, Castelao, CPI Celso Emilio Ferreiro e as escolas deportivas municipais de Balaídos e Berbés) e pola escola invitada do CD Alexandre Bóveda de Chapela, as Ligas Linco vivirán nesta nova tempada as edicións con maior participación desde o seu nacemento.

Esta xornada inicial de presentación tamén reuniu ao grupo de árbitros e oficiais de mesa das Ligas Linco, grupo formado por xogadores e xogadoras integrantes dos equipos federados do club vigués que aproveitarán as competicións interescolares para formarse como árbitros de baloncesto.

Esta primeira toma de contacto entre tódolos participantes e as Ligas Linco Linorsa foi presenciada por D. Xabier Alonso, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, e Dna. Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia; sendo o concelleiro o encargado de dar o salto inicial dos partidos amigables, xesto que marcou a inauguración e o inicio das ligas escolares.

A partir do próximo venres día 4 de febreiro dará comezo a competición oficial das Ligas Internas de Colexios. A primeira xornada da IX Liga Linco 2011 terá lugar no pavillón de Navia desde as 16:15 e ata as 18:00 horas, sendo a celebración dos primeiros partidos oficiais da II Liga Linco XL no polideportivo de Balaídos de 18:00 a 19:00 horas.

Más información: http://www.seisdonadalcoia.com/

Noticia original: http://baloncestoseisdonadalcoia.blogspot.com/2011/01/blog-post.html

Related Images:

Deportes, Eventos , , , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.