Caballero eloxia a «combinación do lúdico…

Caballero eloxia a «combinación do lúdico e do cultural» que propón Vicus Spacorum

O alcalde invitou á cidade a achegarse ao parque de Navia a fin de semana do 10 e 11 de setembro e participar da quinta edición dun «gran evento» que se compón «do lúdico, do cultural e do conmemorativo da historia». A cita de ambientación romana e celta ofrece actividades para toda a familia: teatralizacións, xogos deportivos, unha Schola Romana, loitas de gladiadores, vodas celtas…
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou este mércores á cidadanía a participar deste «gran evento», agradeceu o traballo da organización e eloxiou un Vicus Spacorum «que cada vez ademais colle máis corpo na cidade».
O coordinador da festa, Rodrigo Vázquez, explicou que a quinta edición continúa a liña de 2015 e presenta actividades pensadas para o público familiar, marcadas pola visita de varias asociacións procedentes do Arde Lucus. Haberá múltiples propostas gastronómicas, mercado romano e celta, xogos infantís, obradoiros, exhibicións de cetrería, bandas de gaitas, desfile con percusión romana, loitas de gladiadores, etc.
Como propostas singulares, a organización citou as exposicións de Clicks de Playmobil romanos e sobre medicina romana, unha Schola Romana (a cargo da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos) e os I Xogos Deportivos Vicus Spacorum, nas mañás do sábado e do domingo, para adultos e nenos.
Para as tardes da fin de semana, o Amphiteatrum acollerá teatralizacións de loita con Pau Galaico, didáctica de loitas entre romanos, celtas e suevos, vodas celtas na zona castrexa e, como prato forte, as loitas de gladiadores que o ano pasada causaron sensación, segundo apuntou Vázquez.
De cara ao final do día, a noite do sábado tamén pensa no público familiar cunha proposta de maxia romana e unha queimada con druída, pechando a xornada co culto ao deus Vulcano e malabares de lume. O domingo pechará a quinta edición do Vicus Spacorum un desfile de época.
Fonte: Xornal Concello de Vigo
AS

Related Images:

facebook

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.