Hoy se debate en el Parlamento gallego una proposición no de ley (PNL) en la que se pide estudiar la situación actual del Centro de Salud de Navia y, con ello, ampliar el número de facultativos así como su horario. La presentación se realizará esta mañana a cargo de Javier Dorado. Adjuntamos la solicitud presentada hace un mes y la explicación de motivos:
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz e por iniciativa dos deputados e deputada, Javier Dorado Soto, Aurelio Núñez Centeno, Javier J. Guerra Fernández e Elena González Sánchez, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
Exposición de motivos:
O SERGAS está traballando nun plan de reordenación dos centros de saúde da área sanitaria de Vigo co fin de mellorar o servizo e adaptar a estrutura aos novos cambios e necesidades incipientes propias do dinamismo social e demográfico da área.
De entre os centros de saúde pertencentes a dita área, o Centro de Saúde de Navia, en Vigo, é unha infraestrutura sanitaria de primeira orde, un dos máis amplos e modernos da área, que actualmente conta cun total de cinco médicos, todos eles en
horario matutino.
Pola información á que tivemos acceso, o centro está a recibir unha gran cantidade de peticións de veciños do barrio e doutros colindantes para traspasar a súa cartilla a dito centro.
Este feito, que xa se leva producindo dende fai un tempo pero que agora se incrementou, fai que a día de hoxe o CS de Navia teña unha das medias máis altas de número de pacientes por doutor.
Por se fora pouco, o barrio está a protagonizar un importante crecemento poboacional que aínda podería ser maior de aprobarse as novas fases do PAU, para o cal xa está preparado infraestruturalmente dito centro.
Por todo o exposto o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión:
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a:
1. Ter en conta a situación actual do Centro de Saúde de Navia no seu plan de reordenación da área sanitaria de Vigo.
2. Incrementar o número de facultativos no centro en función da demanda existente e estimada.
3. Estudar a apertura tamén en horario vespertino do Centro de Saúde de Navia para mellorar o seu aproveitamento e dar resposta á demanda dos usuarios”.
AS