Foampas relatou no pleno que fillos de…

Foampas relatou no pleno que fillos de familias de Navia e Coia son enviados a un colexio de Valadares.
https://www.vigoe.es/vigo/local/item/11727-as-familias-alertan-ante-o-desvio-de-alumnos-de-navia-a-valadares
Regina Ibáñez, voceira da Federación Olívica de Anpas (Foampas), relatou na sesión plenaria do mes de xullo o problema que sofren familias das zonas de Navia e Coia ao ser enviados os seus fillos a un colexio de Valadares. “Están as aulas repletas de alumnado, era evidente que isto ía acontecer”, sinalou.

O peche de varias aulas no colexio Álvaro Cunqueiro e o desvío de alumnos ao Alexandre Bóveda provocou, segundo explica Foampas, un centro masificado e unhas familias coa obriga de mandar aos seus fillos a dez quilómetros das súas casas. “Foi unha decisión repentina, arbitraria, irregular e pouco razoable, tomada sen consultar o consello escolar municipal nin aos directores”, explicou Regina.

Por esta razón, a federación solicitou ao pleno que o Concello medie ante a Consellería de Educación para modificar a adscrición dos alumnos, xa que consideran que é a única solución posible para que “non se antepoñan os intereses das empresas de transporte e de ensino concertado”.

No debate posterior, o voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, manifestou a “preocupación” dos veciños de Navia ante a inmediata incorporación de 3.000 mozos ao sistema educativo. “Hai un run run que apunta a que habilitarán barracóns na zona de Coia”, indicou.

Pola súa banda, a concelleira do PP Teresa Egerique sinalou que a Consellería de Eduación “está a traballar para organizar as zonas” e matizou que “non é un asunto sinxelo por factores de transporte ou de comedor, entre outros”. Además, Egerique asegurou que “non hai barracóns ni colexios que explotan, en Vigo hai oferta educativa e os nenos están ben atendidos”.

Olga Alonso, concelleira de Eduación, recordou que o problema naceu xa hai tres anos cando a dirección provincial da Xunta “decidiu trasladar ao alumnado cunha proposta que non levou ao consello municipal” e alertou da situación. “Este despropósito corresponde a unha etapa de educación obrigatoria, é moi grave”, engadiu. O alcalde, Abel Caballero, comprometeuse ante a voceira de Foampas a mediar coa Consellería de Educación.
AS

Related Images:

facebook

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.