Por primeira vez a Escola Infatil de Navia forma parte da rede de escolas infantís do Concello de Vigo
SOLICITUDE DE PRAZA NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS (0-3 ANOS) CURSO 2015-2016
A Xunta de Goberno Local, en sesion de 27 de febreiro, aprobou as «Normas para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais 0-3 (EIM) para o curso 2015/2016».
Prazos:
Periodo de solicitude: do 9 de marzo ao 1 de abril de 2015
Os impresos de solicitude facilitaranse nas propias escolas infantís ou no Servizo de Educación do Concello de Vigo (Pranta 11). Na páxina web www.escolasvigo.org/reim disporán da información necesaria e así mesmo poderase descargar o correspondente impreso de solicitude. Desde a mesma páxina poderán facer a solicitude «on line».
Listas provisionais: 29 de maio de 2015
A relación provisional de admisións e lista de espera publicaranse no taboleiro de anuncios de cada escola, no Servizo Municipal de Educación e na web citada, abríndose un prazo de reclamacións de 10 días.
Listas definitivas: 25 de xuño de 2015
Coa resolución das reclamacións, publicaranse as listas definitivas nos lugares indicados.
Formalización de matrícula: do 1 ao 15 de xullo de 2015
Presentación do impreso de aceptación de praza e pago da matrícula correspondente, no seu caso.
Escolas infantís municipais:
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL «SANTA CRISTINA»
Enderezo: Rúa Santa Cristina, 1 (Lavadores)
Teléfono: 986 28 07 32
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL «ATALAIA»
Enderezo: Avda. Doña Fermina, 9 (subida á Guía)
Teléfono: 986 37 65 03
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL «SANTA MARTA»
Enderezo: Rúa Santa Marta, 38 interior (esquina rúa Torrecedeira)
Teléfono: 986 44 21 53
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL «COSTEIRA»
Enderezo: Baixada á Praia, 83 (Saiáns)
Teléfono: 986 49 86 77
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL «TOMÁS ALONSO»
Enderezo: Rúa Tomás A. Alonso, 78
Teléfono: 986 29 12 06
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL «BOUZAS»
Enderezo: Rúa Casiano Martínez, 18 (Bouzas)
Teléfono: 986 24 65 50
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL «MESTRES GOLDAR»
Enderezo: Rúa Mestres Goldar, 22 (Castrelos)
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL «NAVIA»
Enderezo: Rúa Pedra Seixa, 37 (Navia)
Fonte: Xornal Concello de Vigo