A primeira edición deste certame terá lugar esta tarde no pavillón de Navia, un torneo que se disputará ás 20:30h a partido único entre o Santiago Futsal (de Primeira División) e un combinado de xogadores do Talleres ABC Vigo Fútbol Sala e do Escuelas Deportivas Vigo 2015.
Vigo é unha das cidades españolas con maior número de practicantes de fútbol sala, tanto de idade adulta como en deporte de base, o que motivou a decisión de celebrar este Trofeo, organizado pola Academia Red Blue Vigo 2015 -cuxos representantes mantiveron onte pola mañá unha reunión co alcalde- coa colaboración do Concello de Vigo. No descanso do encontro celebrarase un partido de prebenxamíns.
Fonte: Xornal de Noticias do Concello de Vigo