Se publica hoy en el Atlántico Diario una carta al director con un vecino que se dirige al Concello para incitarle a que sancione otros comportamientos incívicos. No sabemos si afectado directo por una multa, o quizás simplemente es testigo de las multas a los que aparcan en las paradas de autobús, o que observa que el afán recaudatorio se centra en una parte pero considera que debiera actuarse con la misma contundencia contra otros comportamientos observados en el barrio…
Parece ser que o venres pasado as 20:30h a Policía Local estivo a multar ós coches aparcados nas paradas dos autobuses. Inda que é correcto porque dende logo ese non é o sitio reservado para eles, outra cousa é que sexa o máis axeitado-demandado xa que postos a multar e a recaudar animámolos a que tamén o fagan polo menos co mesmo celo cos donos dos cans que andan cos animais sen atar, sen bozal e que van deixando as “minas antipersonas” por todas partes, incluídas no flamante parque de Navia e con especial atención nos terreiros de area (actualmente ocupado polos cans, os seus donos e as suas “cagadas”) nos que xa non poden xogar os cativos.
Tamén se me ocurre que poden ir algún día de paisano (ou non) e multar os que fuman nas gradas do campo de fútbol, o na zona protexida polo tellado entre campo e polideportivo xa que está prohibido en toda a zona deportiva e de paso multar ó responsable da instalación xa que faltalle a sinalización axeitada no que sería o recinto de toda-la “zona deportiva”.
E xa que anda pola zona, pódense acercar á AA.VV. posto que tamén existe alí un grupo de incondicionais que fuma onde non debe. E xa por último e de camiño a base (o concello), primeiro pódense pasar por diante do cole “Amor de Dios” e facer algo coa triple fila que se monta a saída dos alumnos inda que espacio dabondo teñen para aparcar ata Samil sen entorpecer tanto o tráfico; e segundo, se van de regreso pola avenida de Castelao e coincide que son as 13:45h poden facer o mesmo cos coches aparcados en dobre fila ou na parada do autobús do nº 79, sobre todo os que están todo-los días a mesma hora, e dalí pódense ir ó outro lado da rua xa que debe ser o único sitio deste pais nos que hai coches aparcados nunha zona verde, a de Coia. Así seguro que se aumenta a eficacia dos recursos disponibles e aumentan os recursos para as arcas do Concello neste tempo de dificultade económica. Cos cuartos recaudados ben poderían abrirnos en Navia algunha rua-vial-camiño máis de conexión co resto da cidade xa que despois de máis de 6 anos vai sendo hora antes que o problema dos atascos vaia a máis… Non se esquezan cando fagan as rondas nocturnas, aproveitar e darse un paseiño polo parque, e multar os grafiteiros que nos muros deixan as suas pegadas.
Ver la noticia original en el Diario Atlántico
1 comentario