O goberno de Vigo inviste un millón de euros no Plan Verde (Navia, Florida, senda auga e Lagares).
O alcalde de Vigo informou da aprobación en Xunta de Goberno Local de catro propostas medioambientais incluídas no Plan Verde municipal: a mellora ambiental na Florida, a reforma da senda da auga, o parque de enerxías renovables en Navia e a adecuación do paseo fluvial do Lagares. Abel Caballero avanzou que as obras darán comezo entre ésta e a próxima semana, sumando un investimento de 960.000 euros.
O Concello creará un parque de enerxías renovables en Navia, cun investimento inicial de 150.400 euros. A primeira fase deste novo recinto de carácter lúdico e formativo tratará sobre a enerxía hidráulica, con terrazas na zona alta do parque e instalación de muíños de auga e elementos maremotrices que xerarán enerxía.
[Más info en el Blog]
AS