Sobre Navia por AV Emilio Crespo

Esto es lo interesante que nos cuentan la asociación de vecinos Emilio Crespo en su web sobre nuestro barrio y su entorno:

«Navia é unha das parroquias con menor extensión do concello de Vigo, contando tan só con 2,45 quilómetros cadrados. Formou parte do Concello de Fragoso ata o 1837, ano no que se integrou en Bouzas. No século XIX abundaban os bosques de carballos e castiñeiros, dos que hoxe apenas queda algún exemplar.

Limita coas parroquias de Alcabre, Comesaña e Coruxo e pertence ó arciprestazgo de Vigo-San Andrés.
Ten 11 entidades de poboación, 10 lugares e según datos do padrón de 2011 conta con una poboación de 8.982 veciños. É, grazas ao novo polígono urbanístico, a parroquia con máis crecemento demográfico de toda Galicia nos últimos anos.

As súas entidades de poboación son as seguintes: A Devesa, A Gándara, Goberna, As Pereiras, As Pertegueiras, Quintela, O Redondo, Samil, A Tomada, A Torre e O Xuncal.
Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Barroca, O Bravo, O Cerqueiro, A Eira Vella, Ferreira, A Igrexa, O Lourido, O Outeiro, O Piñeiro e As Saíñas.

Verbo do seu patrimonio etnográfico o máis salientable son o cruceiro da Devesa e os restos do denominado Muíño do Vento, un dos escasos exemplos destas edificacións no sur de Galicia. O desenvolvemento da parroquia a partir da década dos 60 do século pasado está estreitamente vencellado á praia de Samil, un extenso areal de 3 quilómetros de lonxitude, e á construcción de segundas residencias, próximas á costa.»

Además se incluye la evolución del censo así como una visión satélite de la zona.

Fuente: http://www.avnavia.org/index.php/o-barrio-de-navia/o-contorno

Related Images:

Cultura y Educación, Noticias, Vecindad ,

12 comentarios


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.