A Xunta de Goberno local deu luz verde á contratación das obras para construir o aparcamento no Polideportivo de Navia. A estas 46 prazas, sumaránse 200 que chegarán co novo polideportivo e outras 85 coa nova redonda de Ricardo Mella.
Abel Caballero deu conta da aprobación do expediente de contratación das obras para a adecuación da parcela para o aparcamento no Polideportivo de Navia. Tal e como dixo, serán 46 prazas que estarán rematadas en 3 meses, cun orzamento de 250.000 euros. O alcalde lembrou que o entorno de Teixugueiras contará con outras 200 prazas que chegarán da man do polideportivo previsto que xa está en fase de concurso, e outras 85 procedentes do novo acceso desde a rotonda de Ricardo Mella ata a rúa Teixugueiras.
Fuente: Xornal Concello de Vigo
5 comentarios