El Lunes abre el Centro de Salud

O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PON EN FUNCIONAMENTO O NOVO CENTRO DE SÁUDE DE SAN PAIO DE NAVIA EN VIGO

  • O próximo luns dia 7 o novo centro de atención primaria comezará a prestar asistencia sanitaria
  • O cuadro de persoal arranca con 4 médicos xerais, un pediatra, unha matrona e persoal de enfermería e servizos xerais
  • O centro ofertará unha carteira de servizos de atención primaria completa, e nas próximas semanas iniciarán a súa actividade as Unidades de Odontoloxía e Fisioterapia
  • A Consellería de Sanidade realizou un investimento global, en obra e equipamento, de case 5 millóns de euros nesta nova infraestrutura sanitaria

Vigo, 4 de maio de 2012.- O próximo luns dia 7 de maio o Servizo Galego de Saúde inicia o funcionamento do novo centro de saúde vigués de San Paio de Navia.

Polo de agora, o cuadro de persoal do centro arranca con 4 médicos xerais, un pediatra, unha matrona e persoal de enfermería e servizos xerais que darán cobertura sanitaria ás preto de 5400 persoas, adultos e nenos, que na actualidade están adscritas nos cupos da Unidade de Pre-Navia. A medida que a poboación se adscriba a este centro como demandante de asistencia sanitaria, a administración sanitaria irá incorporando novos recursos humanos que incrementen o cuadro de persoal.

Así, os tres médicos xerais da Unidade de Pre-Navia, ubicada no centro de saúde de Coia, e que na actualidade atenden a unha poboación de de 4500 TIS (tarxetas sanitarias individuais) vanse trasladar ás novas dependencias. Ademais, dotouse dun novo facultativo cun “cupo aberto” –na actualidade con 100 TIS- co obxeto de que vaia asumindo a nova poboación que requira de atención sanitaria no novo centro. En canto ao cupo do pediatra, de momento é de 750 TIS.

O novo dispositivo sanitario de San Paio de Navia ofertará a totalidade das prestacións asistenciais da carteira de servizos de Atención Primaria. Deste xeito, se complementará nas próximas semanas coa posta en marcha das Unidades de Odontoloxía (que contará cun odontólogo e un hixienista dental) e a Unidade de Fisioterapia, que disporá de tres fisioterapeutas.

Mellora da calidade asistencial

O novo centro sanitario que a Consellería de Sanidade ven de acometer en Vigo, supuxo un investimento de 4,837.352 euros; 4,4 millóns na execución da obra e 348.000 euros no equipamento. Cunha superficie de 3.800 metros cadrados, destaca pola amplitude e dimensións dos seus espazos, e se converte así no maior centro de saúde da cidade e un dos máis grandes de Galicia.

Este edificio conta con 14 consultas de medicina xeral e 3 de pediatría, con capacidade para consultar, en horario de mañá e tarde, un total de 28 médicos xerais e 6 pediatras. A maiores dispón dunha consulta de matrona, outra de odontoloxía, unha sala de educación maternal, unha sala de fisioterapia, e outra de extraccións, así coma as respectivas consultas de enfermería xeral e pediátrica ademais da zona de despachos e a área de administración, arquivo, almacéns e outras salas polivalentes.

Trátase dun centro dimensionado para, coa configuración actual, prestar asistencia a 45.000 persoas, e aínda ten marxe de crecemento futuro xa que dispoñe dun baixo cun amplo espazo que, en caso de necesidade, podería ubicar ata 10 consultas de medicina xeral máis.

Esta nova dotación sanitaria contribuirá a mellorar notablemente a calidade da asistencia ofertada en Vigo, cun crecemento condicionado por limitacións espaciais e estruturais; deste xeito, Navia permitirá desconxestionar a outros centros de atención primaria e achegar os servizos sanitarios á poboación.

Related Images:

Infraestructuras, Noticias, Servicios Públicos , ,

2 comentarios


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.