A Xunta cedeu 38 VPP de Navia ao Concello de Vigo

A XUNTA DE GALICIA FIXO EFECTIVA HOXE A CESIÓN DE 38 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA CONSTRUÍDAS POLO IGVS AO CONCELLO DE VIGO

– A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, foi a encargada de asinar a acta de cesión de 35 VPP en Navia, ademais de 3 inmobles máis ubicados en Coia, na rúa Anduriña e un local en Martínez Garrido.
– As 35 vivendas de promoción pública de Navia forman parte das 384 VPP que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas construíu no novo barrio, das que 343 xa foron entregadas aos seus adxudicatarios.
– Son vivendas de 3 dormitorios -6 para persoas con mobilidade reducida- cunhas superficies de entre 80 e 87 m2 ademais de contar con rocho e garaxe.
– Os inmobles cedidos destinaranse a atender casos de especial necesidade e preferentemente a familias con baixos ingresos.

Vigo, 02 de abril de 2012.- A Xunta de Galicia fixo efectiva esta mañá a cesión de 38 vivendas de promoción pública construídas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do IGVS, ao Concello de Vigo nun acto de sinatura pública ante notario.

Por parte do Goberno galego, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, foi a encargada de asinar a acta de cesión de 35 vivendas de promoción pública (VPP) en San Paio de Navia, ademais de 3 inmobles máis ubicados en Coia, na rúa Anduriña e un local en Martínez Garrido. Por parte do Concello de Vigo, o encargado de asinar o documento de cesión foi o alcalde da cidade, Abel Caballero.

Os inmobles que a Xunta cede gratuitamente ao Concello de Vigo –pola cesión de solo no que están edificadas as 384 VPP de Navia e que supoñen o 10% das vivendas construídas- están valorados en 1,85 millóns de euros, cuxo IVE -91.405 euros- será financiado na súa totalidade polo IGVS. Segundo o acordo, o Concello recoñécese debedor de dita cantidade perante o IGVS e obrígase ao seu pagamento antes do día 31 de xullo de 2012, débeda que non devengará ningún tipo de xuro.

As 35 VPP cedidas en Navia forman parte das 384 VPP que a Xunta de Galicia construíu no novo barrio. Delas, hai que lembrar que 343 xa foron entregadas aos seus adxudicatarios. Estas vivendas teñen 3 dormitorios e unhas superficies que van dende os 80 aos 87,6 metros cadrados, contan con rocho e garaxe. 6 delas destínanse a persoas con mobilidade reducida, estando adaptadas para persoas que teñen necesidade de utilizar cadeira de rodas, mentres que as 29 restantes contan cunha superficie útil de entre 80 e 82 m2. Todas elas están equipadas con cociña e foron construídas coas mellores calidades, materiais e acabados ademais de contar coa máxima cualificación de eficiencia enerxética e ecolóxica grazas ao illamento térmico da fachada, ao sistema de calefacción con chan radiante e ao sistema de aproveitamento da enerxía solar e recuperación de calor da ventilación das vivendas.

Os inmobles cedidos se destinarán a atender casos de especial necesidade e preferentemente a familias con baixos ingresos, é dicir, a familias que teñan ingresos ponderados anuais totais inferiores a 1,5 veces o IPREM. A previsión é que se adxudiquen polo Concello en réxime de aluguer.

No caso das 343 vivendas xa adxudicadas e entregadas pola Xunta, 178 foron en aluguer e 165 en réxime de compravenda cuns prezos de venda que oscilaron entre os 41.539 e 68.220 euros, dependendo da superficie de vivenda e das condicións económicas dos adxudicatarios, mentres que no que respecta ás vivendas en alugueiro, o custe mensual oscila entre 89 e 170 euros.

Proxecto de 2004
O Goberno galego leva investidos máis de 90 millóns de euros en San Paio de Navia, dos que 50 corresponden ás 384 vivendas de promoción pública, 8 millóns á zona verde e 34 millóns ao plan de actuación urbanística (PAU).

A historia das 384 vivendas de promoción pública comeza a finais de setembro de 2004 cando na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dirixida polo actual Presidente da Xunta de Galicia, se inician as actuacións.

En maio de 2005 contratase a redacción do proxecto básico aos arquitectos Fraga, Quijada, Portolés y Asociados, e presentase en Vigo o deseño previo das vivendas. Tamén se inician en 2005 os trámites para a licitación da redacción do proxecto de execución e a obra de construción, trámites que foron anulados polo goberno bipartito, que procedeu a licitar por separado a redacción do proxecto e a construción das vivendas, causando un retraso de arredor de un ano no inicio da construción das vivendas.

As obras de construción das vivendas foron adxudicadas por un importe de 35.082.000 euros, pero o custe real das mesmas veríase incrementado en dúas ocasións ata chegar aos 41.900.025 euros. En decembro de 2008 a antiga Consellería de Vivenda e Solo autorizou a redacción dun modificado que finalmente supuxo un incremento de 5.766.013 euros, o que supón o 16,4 por cento do importe de adxudicación inicial da obra.

Posteriormente, foi preciso aprobar en decembro de 2009 un complementario para a execución de obras de urbanización na parcela en que se atopan emprazadas as vivendas, obras que non estaban previstas polo goberno anterior, que acadou un importe de 1.052.012 euros, polo que o importe total da obra ascendeu ao total de 41.900.025 euros. A esta cifra á que hai que sumar os honorarios de redacción dos proxectos básico e de execución, redacción do modificado e complementario, certificación final de obra, custe de licenza municipal e as obras de arranxo do vial fronte ás vivendas para acadar un investimento total de 50.321.625,75 euros.

Noticia original en la web del IGVS

Related Images:

Servicios Públicos, Vivienda , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.