NAVIA: UN BARRIO, UN ESPECTÁCULO

A ESAD de Galicia, como novo habitante de Navia, quere comezar un percorrido de encontro coa súa comunidade local mediante un traballo de exploración pedagóxica, artística e social.

O proxecto consistirá na realización dun evento teatral que terá a súa orixe nos trazos singulares do barrio de Navia. Será xerado mediante o contacto directo entre un grupo de artistas (alumnos e egresados da ESAD de Galicia), un territorio (Navia) e a comunidade que nel vive, tendo aos veciños como destinatarios preferentes.

No mes de marzo e especialmente no días 26 e 27 o alumnado sairá ao encontro do territorio, camiñando polas súas rúas e contactando coas persoas e asociacións que dean a súa dispoñibilidade.

É por iso que estamos contactando grupos, asociacións, institucións, empresas, servizos do barrio así como os veciños interesados en reunirse con nos para coñecer a súa experiencia e visión do territorio en que viven.

O dia 27 de marzo, co gallo do Día Mundial do Teatro, presentarase na ESAD de Galicia un evento teatral único e irrepetible que presentará o que os alumnos viron, viviron e imaxinaron a partir da exploración e dos encontros neste barrio.

Todos os habitantes de Navia están invitados a este encontro lúdico e artístico onde se falará dende o teatro da vida fóra del.

NAVIA: UN BARRIO, UN ESPECTÁCULO
Martes 27 Marzo
19:30 h.

ESAD de Galicia · Rúa Poza Cabalo s/n · www.esadgalicia.com

Navia: Un Barrio, Un espectáculo

Navia: Un Barrio, Un espectáculo

Related Images:

Cultura y Educación, Eventos, Noticias, Vecindad , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.