Convoca: Silvalandia
ORGANIZA: SILVALANDIA
DATAS: 2,3,4 E 9 DE ABRIL DE 2012
PARA QUEN: NENOS DE 3 A 12 ANOS
HORARIO: 9 A 15H (NEGOCIABLE)
PASEANDO VIGO, é un proxecto innovador, que intenta mesturar as actividades dentro do noso local coas aventuras das excursións. Intentamos crear unhas vacacións diferentes para todos aqueles nenos que pasen connosco estas datas. Combinaremos xogos, manualidades, cancións e todo aquilo que se pode levar a cabo dentro do noso mundo de soños con saídas pedagóxicas que nos mostren as caras descoñecidas daquilo que adoitamos ver desde outro lado.
Todos os días abriremos ás 9 para aqueles nenos máis madrugadores. Faremos xogos e actividades para espertarnos e espabilarnos. Ás 10 partiremos rumbo ao noso obxectivo diario. Os nosos traslados realizaranse en vitrasa para ser respectuosos co medio ambiente e para que os nenos teñan unha auténtica sensación de estar percorrendo a súa cidade, a nosa cidade. Dependendo da visita elixida para cada día o noso horario de chegada ao centro poderá variar, co que o desenvolvemento das actividades posteriores á saída diaria estará en función da chegada ás nosas instalacións.
Se algún neno necesita quedar a comer connosco, non hai problema. Lle traedes a comida nun envase que se poida quentar no microondas e nós dámoslla entre as 14h e as 15h. Este servizo NON incrementa o prezo.
As excursións programadas son:
LUNS 2 DE ABRIL
Visitaremos o hipermercado ALCAMPO VIGO 1 (o de Coia). Temos unha visita guiada que nos ensinará o hipermercado: frutería, pescadería, carnicería,? Despois levarannos ao piso de abaixo onde se atopan os obradores de panadería, pastelería,? e os nenos poderán ver como se elaboran os produtos que eles coñecen xa empaquetados e terminados. Para finalizar, ALCAMPO obsequiará aos nenos cun refrixerio no FLUNCH polo que ese día NON é necesario que traian MERENDA (salvo aqueles nenos con alerxias ou intolerancias). Espérannos ás 10:30 e pedíronnos PUNTUALIDADE co que os nenos deberán estar en Silvalandia ás 9:45. Os nenos que cheguen máis tarde, quedarán a facer actividades no centro.
MARTES 3 DE ABRIL
Visita guiada ao MARCO. É unha visita guiada con monitor. Veremos a exposición PRESENZA ACTIVA, que como é unha performance, os nenos poderán experimentar coas obras de arte: tubos, casiñas, cartóns,? Espérannos ás 11h, así que sairemos ás 10h de Silvalandia. Os nenos deberán levar unha pequena mochila para tomar a merenda, que se o tempo permíteo, tomarémola na Praza da Constitución (casco vello) ao terminar a visita. Ás 14h estaremos en Silvalandia.
MÉRCORES 4 DE ABRIL
Visita guiada ao VERBUM. Un monitor explicaranos en que consiste a exposición permanente, as actividades que realizan,? Ao terminar a visita faremos un taller organizado polo persoal do VERBUM. A visita está programada ás 12h e está previsto que dure 1h e media (con taller incluído). Intentaremos estar ás 14h en silvalandia, aínda que se preferides podreis recollelos, previo aviso, nas instalacións do verbum.
LUNS 9 DE ABRIL
Visita ás instalacións da FUNDACIÓN SAES. Un espazo privilexiado e descoñecido da nosa cidade. Conta con estanques, xardíns, especies únicas e protexidas. Espérannos alí ás 11h. Ás 14h podreis recollelos en Silvalandia.
TARIFAS:
-Día solto: 15 €
-Os catro días: 50 €
-Descontos para irmáns
INSCRICIÓNS:
POR TELÉFONO: 886111936 / 629087432
EN PERSOA: TEIXUGUEIRAS 19, INTERIOR. NAVIA
E-MAIL: silvalandiacentroinfantil@gmail.com
Ver información original en la Web de Xuventude de Vigo