Desde Comisiones Obreras recibimos este comunicado que es de interés sobre el estado del Centro de Salud, pendiente de apertura.
A EXECUTIVA COMARCAL DA FEDERACIÓN DE SANIDADE, QUERE MANIFESTAR ANTE A OPINIÓN PÚBLICA O SEGUINTE:
1º) O Centro de Saúde de Navia, que foi rematado o principio deste ano, non foi recepcionado nin inaugurado ainda, alegando o Sergas problemas coa acometida da luz. Un centro que estaba previsto no 2009 e que daría asistencia a miles de persoas desta zona poblada fundamentalmente con cidadáns do Pau de Navia e tamén de zonas cercanas , está sin funcionar por un tema burocrático.
¿cómo é posible xustificar a situación por tal motivo?
2º) CC.OO. DENUNCIA non soio a paralización, senon que despoi de facer un centro previsto para 24 médicos de familia, 6 pediatras, 24 enfermeiras-os, 3 fisioterapeutas e outro persoal: odontólogo, hixienista, auxiliar de enfermería, asistenta social, p.s.x, matrona etc., agora soio conta con dotación e xa contratados co nome de PRE-NAVIA e traballando polas mañáns no P.A.C. de Coia os 3 médicos, 2 enfermeias, 1 auxiliar de enfermería e 2 p.s.x e no centro e do centro de de especialidades con 3 fisioterapeutas.
O xerente de atención primaria comunicaba onte nunha reunión coa Xunta de Persoal que era a plantilla presupostada e cando se solucionara o «problema da acometida» sería a plantilla coa que abriría o centro de saúde. En todo caso cun médico de familia mais .
O denunciar a escasez da plantilla na reunión e a AUSENCIA DE PEDIATRAS, o xerente «comprometeuse» a pedir 1 pediatra, pero o certo e que non está nos orzamentos. ¿cómo o Sergas pode abrir un centro en Navia con esta plantilla e sin pediatra? . Bastaría con que deran unha volta polo PAU de NAVIA para darse conta da realidade. O esperpéntico do caso e que os pais poden ter o médico no futuro en Navia e os fillos noutro centro.
3º) Basta de facer inauguracións, propaganda… decindo no seu día a Sra Conselleira os recursos con que iba contar e agora decir que non teñen cartos.
Para CC.OO., é un problema de xestión e de clientelismo, si non hai cartos, ¿porqué fan un hospital privado que costa 4 veces mais que sendo público e que haberá que pagar un canon anual que hipoteca como é evidente o desenrolo da sanidade en Vigo, ¿cómo se poden gastar os cartos en centos de miles de folletos, vallas publicitarias e demais propaganda decindo «estamos construindo un hospital público».
Polo tanto , alentamos a toda a cidadanía a denunciar públicamente as situacións que se padecen na asistencia sanitaria.