O alcalde informa da saída a licitación dunha nova Escola Infantil municipal en Navia, cun orzamento de 700.000 euros
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a licitación do proxecto básico e de execución para as obras de construción dunha escola infantil municipal en Navia, para o que o goberno local adica 700.000 euros. Caballero recordou que en próximos meses comezarán a funcionar as de Tomás Alonso e Casiano Martínez, e Mestres Goldar ten partida para continuar coas obras. O goberno conta ademais con 300.000 euros para proxectos de escolas infantís en A Seara, Lavadores e A Doblada.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da decisión municipal de sacar a licitación o proxecto básico e de execución das obras de construción dunha nova escola infantil municipal, que irá emprazada en Navia.
Así o aprobou a Xunta de Goberno Local, adicando unha partida orzamentaria de 700.000 euros para un novo centro educativo de 363 metros cadrados de superficie. O inmoble estará dotado de vestiario, cociña, sala de usos múltiples, comedor e aulas, cun patio de xogos exterior.
Caballero recordou que o Concello ten catro escolas infantís en funcionamento e en próximos meses comezarán a funcionar dúas novas -Casiano Martínez e Tomás Alonso-, ademais de continuar as obras de adaptación de Mestres Goldar, que sumará 100 novas prazas.
O alcalde tamén apuntou que Navia pertence ás catro novas escolas para nenos de entre 0 a 3 años que proxectou o goberno de Vigo para este ano. Xunto a licitada hoxe, Caballero explicou que o Concello conta con 300.000 euros máis para iniciar os proxectos dos novos centros educativos infantís municipais de A Seara, Lavadores e A Doblada
Ver la noticia original en el Xornal de Noticias del Concello