Ha llegado el día, todo esta preparado. La noticia de la apertura del parque de Navia se hacia pública hoy a través del comunicado de prensa de la Delegación Territorial de la Xunta en Vigo
O GRAN PARQUE VERDE DE SAN PAIO DE NAVIA QUEDARÁ ABERTO PARA DISFRUTE DOS CIDADÁNS DE VIGO A PARTIRES DE MAÑÁ
A Zona Verde da urbanización de Navia ocupa case 90.000 metros cadrados e pasará a ser o segundo parque máis grande da cidade de Vigo, despois de Castrelos. § Está composto por espazos peonís, zonas verdes e axardinadas, estanques, fontes e unha gran cascada, ademais de diversas pérgolas e 10 zonas de xogos para nenos e nenas. § A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o director xeral do IGVS, Antonio Boné, acompañados dos técnicos e da empresa adxudicataria, realizaron hoxe unha última inspección para comprobar o estado de execución dos traballos.
Vigo, 15 de abril de 2011.- A Xunta de Galicia porá a disposición dos vecinos e veciñas de Navia, e da cidade de Vigo, o gran parque verde de San Paio de Navia a partires de mañá, sábado día 16 de abril.
Despois de que esta mañá a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares; o director xeral do IGVS, Antonio Boné; e o xerente de Xestur, Javier Rodríguez, acompañados dos técnicos e da empresa constructora realizaran unha última inspección ao parque para comprobar o estado de execución dos traballos, se deu a orde para proceder á oportuna retirada de vallas e á apertura do parque, que será efectiva a partires do día de mañá.
Así, tras as comprobacións técnicas feitas hoxe, e relativas sobre todo ao funcionamento dos sistemas hidráulicos -fontes e cascadas-; ás instalacións de enerxía solar e alumeado público e aos aspectos relacionados coa xardinería para constatar o estado de crecemento do céspede e das plantas, este mesmo fin de semana os cidadáns de Vigo xa poderán disfrutar desta nova zona de ocio e esparcemento que está chamada a ser un verdadeiro pulmón para a cidade olívica. Salvo a zona máis alta do parque, que quedará acotada para continuar con labores de mantemento, rego e limpeza, a Zona Verde de Navia estará completamente aberta ao público.
O gran parque central da urbanización de Navia ocupa unha superficie de 89.217 metros cadrados e conta con amplos espazos peonís, zonas verdes e xardíns, estanques, fontes e unha gran cascada así coma pérgolas e 10 zonas de xogos para nenos e nenas. Foi executado por Xestur Pontevedra en virtude da encomenda do Instituto Galego de Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
No gran parque de Navia leváronse a cabo importantes traballos de xardinería. Plantáronse arredor de 500 árbores; cubríronse preto de 800 metros lineais de plantas trepadoras e sementáronse 14.000 metros cadrados de céspede, 6.100 m2 de hidrosementeira; e máis de 5.000 metros cadrados de arbustos tapizantes e gramíneas.
No que respecta ás instalacións de enerxía solar instaláronse un total de 244 módulos fotovoltaicos e tódolos elementos necesarios para a súa conexión á rede. Ademais, conta cunha rede de alumeado público coa instalación, entre outros elementos, de ao redor de 200 luminarias empotradas no chan. Por último, os cidadáns poderán disfrutar dos xogos de augas instalados coa construción das fontes, estanques e unha gran cascada. Estes sistemas hidráulicos terán un horario de funcionamento, que será: de luns a venres, de 11.30 horas a 13.30 e, pola tarde, de 18.00 a 20.00 horas. Mentras, no fin de semana, as franxas horarias se amplían e, así, o sábado e o domingo estarán en funcionamento de 11.30 a 14.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas.
Con todo, o mantemento do parque correrá a cargo da Xunta ata que o o Concello de Vigo recepcione a obra e, neste senso, Molares fixo un chamamento á cidadanía e aos veciños e veciñas de Navia e avogou pola responsabilidade e sentido común “para conservar” esta nova zona pública e “entre todos coidemos este gran parque verde”.
Próximamente ampliaremos la información.
Queremos aprovechar para invitaros a todos a que nos hagáis llegar vuestras impresiones, fotografías y vídeos del parque una vez inaugurado.