Texto del Manifiesto leído por la A.VV. Navia

Hoy sobre las 12:15 se procedió a la lectura del sigueinte texto del Manifiesto de la A.VV.Navia reclamando a las administraciones y organismos competentes la resolución de los principales problemas del barrio.

La lectura corrió a cargo de Sole Costas, responsable de la comisión de trabajo de Teixugueiras, que también gestiona las vocalias de mujer y bienestar social de la Asociación de Vecinos.

MANIFESTO

Unha vez máis, e como vimos facendo nos últimos anos mediante diversas formas de expresión, denunciamos a omisión das moitas demandas que temos realizado a través da Asociación Veciñal de Navia, destinadas ás distintas administracións.

Como consecuencia deste abandono, seguen sen desenvolverse proxectos fundamentáis para o barrio, e as nosas demandas vense agravadas co incremento poboacional constante que estamos a experimentar.

Como todos os contos, a creación deste barrio comezou con moita ilusión, forza e gañas, e co paso do tempo, todo quedou en promesas incumpridas e proxectos sen realizar ou a medio facer, e a confianza de gran número de habitantes de Navia nas administracións vai minguando ante o panorama no que nos atopamos. Referímonos ás numerosas obras sen finalizar coma a do parque e o local social; á prometida biblioteca ou ao centro de saúde; tamén reivindicamos outros proxectos que están sen comezar como a ampliación do Colexio Público de Navia, a mellora dos accesos e comunicacións do barrio ou a reconversión en zonas de ocio dos espazos entre edificios.

Desde a Asociación Veciñal estamos dispostos a tomar as medidas oportunas para facer que estes proxectos saian adiante, mobilizando todos os medios cos que contamos para dar solución ás carencias do noso barrio dun xeito definitivo. Por iso volvemos a xuntarnos, un día máis, para reivindicar as nosas esixencias, que son as seguintes:

– Remate das obras do parque tras máis de tres anos de traballos. Que as administracións superen a incapacidade para desenvolver este proxecto, xa que non estamos dispostos a permitir máis retraso na súa finalización.

– Que se destine, con carácter urxente, o orzamento necesario para a ampliación do colexio Castelao de Navia, e que se permita atender a demanda de prazas, que actualmente supera á oferta; así mesmo esiximos a execución dunha cuberta exterior para o desenvolvemento de actividades externas ás aulas.

– Asignación de dotación orzamentaria para a construción da escola infantil de 0 a 3 anos.

– Planificación e execución dun centro de ensino secundario.

– Remate do centro de saúde: volvemos estar ante unha dotación básica para o barrio que se demora.

– Actuacións nas zonas verdes entre edificios, convertidas en aparcadoiros “clandestinos”, lameiras ou lugares aos que non se pode acceder.

– Actuacións no perímetro verde exterior e creación do carril bici de Vigo a Baiona, que estaba previsto que pasara polo barrio, aproveitando así para facer unha senda que una a zona nova (Teixugueiras) coa zona antiga, a carón do paseo do Lagares.

– Dotacións en espazos verdes que favorezan a práctica deportiva e de lecer.

– Pantalla acústica vexetal en toda a contorna do barrio que limita á vía de circulación VG20, para diminuír o impacto dos ruídos que estamos a padecer.

– Retirada dos valados colocados coas obras e que hoxe en día non teñen outra función que incomunicar determinadas zonas do barrio, que xa ten abondo cos problemas de acceso e saída.

– Creación da biblioteca e ludoteca prometidas, e polas que levamos agardando máis de dous anos

– Demandamos que o edificio construído no parque pase a ser un local de uso e desfrute veciñal, no que se poidan desenvolver actividades participativas, culturais, de lecer.

– Desenvolvemento das seguintes fases de urbanización, sempre de xeito consensuado coa veciñanza, o que permitirá abrir os accesos e comunicacións que o barrio precisa.

– Reparación das beirarrúas danadas e defectuosas.

– Incremento e mellora do alumeado de todas as zonas peonís e zonas verdes.

– Incremento de prazas de aparcadoiro.

– Maior seguridade peonil por medio de limitación de velocidade, delimitación de trafico pesado, elevación dos pasos peonís que aínda non foron modificados e instalación de bolardos nas beirarrúas das rotondas.

– Máis frecuencia dos servizos de limpeza e retirada dos verquidos incontrolados de cascallos e lixo en determinadas zonas do barrio

– Maior dotación de colectores de lixo.

– Transporte público eficiente.

– Máis seguridade e presenza policial que velen polo cumprimento das normativas.

Seguiremos mobilizándonos e traballando pola mellora do noso barrio.

Moitas grazas por vir.

Más información: www.avnavia.org

Related Images:

Eventos, Merece solución, Noticias , , , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.