Sale a consultas la modificación puntual del Plan parcial de Navia

El Concello de Vigo, a través de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras abre un periodo de consultas sobre la modificación puntual del plan parcial de Navia. Ha sido publicado hoy, día 4/2/11 en la web de la Xunta y, por tanto, el plazo de 20 días naturales se extiende hasta el 24 del corriente.

ASUNTO: Información sobre o trámite de Avaliación ambiental estratéxica (AAE)
PLAN: Modificación puntual do Plan parcial de Navia
ÓRGANO PROMOTOR: Concello de Vigo
LOCALIZACIÓN: San Paio de Navia. Vigo (Pontevedra)
CLAVE: 2010AAE1089
Unha vez avaliada a documentación recibida, infórmase do seguinte:
1. As Modificacións de calquera instrumento de ordenación do territorio e de planeamento urbanístico están contempladas no artigo 5.e da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.
2. Procede polo tanto, adoptar unha decisión sobre a necesidade ou non, de que a Modificación se someta ao procedemento de AAE, tendo en conta os criterios establecidos no anexo II da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.
3. Como paso previo a adoptar a decisión, esta Secretaría Xeral inicia un período de consultas, segundo o previsto no artigo 4.1 da citada lei.
4. Rematado o período de consultas, e de conformidade co disposto no artigo 4.3 da Lei 9/2006, farase pública a decisión sobre a necesidade ou non, de someter a Modificación puntual ao procedemento de AAE.
Polo tanto, sométese a consulta pública o documento de inicio da Modificación por un prazo de vinte días naturais que contarán desde a data de inserción deste documento na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para que se acheguen a esta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, as consideracións que se estimen oportunas, en relación aos efectos que o seu desenvolvemento podería ocasionar sobre o medio.
As consideracións que se fagan no período de consultas, poderán ser tidas en conta no Documento de referencia, o cal incluirá os criterios ambientais estratéxicos, os obxectivos ambientais e os principios de sostibilidade aplicables.

Los documentos relacionados con esta consulta sobre la Evaluación Ambiental Estratégica se reflejan en el siguiente documento de inicio elaborado por el arquitecto Rodrigo J.-Portanet Fontana en Septiembre de 2010 sobre el que se plantean las consultas.

Pinche aquí para descargar el PDF del documento de inicio.
Pinche aquí para descargar el PDF del documento de consultas.

Reproducimos a continuación algunos de los párrafos que nos parecen relevantes en el documento:

«considéranse como obxectivos da adaptación necesaria, entre outros, estudar e modificar, no seu caso, os seguintes aspectos do Plan Parcial aprobado:
1. A limitación no número de vivendas a construír, 613 no Plan Parcial actual.
2. A falla dunha pormenorización de usos e dunha ordenación detallada máis axeitada á zona pendente de execución.
3. Insuficiencia da reserva de aparcamento público.
4. Necesidade de incrementar as dotacións de zonas verdes e equipamentos.
5. Dificultades de compatibilidade e integración das edificacións existentes coa ordenación prevista no Plan Parcial.
6. Adaptación a novas normativas de vivenda e hábitat.
7. Necesidade de adopción de medidas tendentes a materialización da edificabilidade existente.»

«o PXOM incorpora o Plan Parcial aprobado pero posibilita, e incluso parece recomendable que así sexa, que se modifique, para o que aporta unha ficha específica. Os obxectivos da Ficha, recollen a actuación en marcha e o Plan parcial aprobado definitivamente, de aportar vivenda acollida a réxime de protección, que será o 100% do Uso residencial previsto.»

«O planeamento de desenvolvemento deberá someterse a avaliación ambiental estratéxica, incluída a avaliación acústica e electromagnética, e requirirase informe de Augas de Galicia sobre garantías de abastecemento de auga potable e depuración de augas residuais. A Modificación deberá someterse ao mesmo procedemento que para a redacción dun Plan Parcial segundo os artigos 94 e 86 da Lei 9/2002 (LOUGA), e ao estudio sobre o sometemento ao procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica, debéndose elaborar este Documento de Inicio para remitir ao órgano ambiental que deberá definir o alcance de dita A.A.E.»

«Debido a que o planeamento foi aprobado ao abeiro dun marco normativo diferente formúlase a necesidade dunha nova Modificación do Plan Parcial, onde tratarase de dar solución ás distintas disfuncións observadas nas fases xa executadas e por executar, que foron xurdindo dende o comezo do desenvolvemento do Plan Parcial. Preténdese adaptar e axustar o planeamento á situación actual, ademais de adaptar o Plan Parcial ás determinacións contidas no novo Plan Xeral.
Os puntos a considerar, entre outros, serían os seguintes:
– Pormenorización de usos e ordenación detallada.
– Supresión da limitación no número de vivendas.
– Solución de problemas de aparcadoiros.
– Incremento de dotacións e zonas verdes.
– Cumprimento de novas normativas.»

«O ámbito de aplicación da Modificación Puntual corresponde coas Etapas III Fase B, IV, V e VI do Plan Parcial de San Paio de Navia.»

«As alternativas que se poden propoñer serían as seguintes:
• Continuar co desenvolvemento previsto do Plan Parcial actual sen realizar ningunha Modificación Puntual de dito Plan (alternativa cero).
• Realizar a Modificación Puntual do Plan parcial de Navia para adaptarse ás determinacións da nova normativa e mellorar os aspectos necesarios constatados tras a execución das primeiras etapas.
A Modificación do Plan dará lugar a unha urbanización mixta de edificación en bloques de baixa altura e vivendas unifamiliares, que asentarase no terreo dunha forma gradual na transición entre o tecido extensivo da parroquia de Navia e os novos bloques de gran altura do polígono xa desenvoltos. Para conseguir esta transición gradual é de especial importancia a ordenación das rúas, espazos públicos e zonas verdes. Crearase un elemento límite, formado polos bloques de baixa altura (de dúas ou tres plantas, en función da súa situación dentro do ámbito) que limitaran co viario xa desenvolto das primeiras etapas. Cara ao interior deste límite atoparase a trama residencial,
formada por parcelas con vivendas unifamiliares de escala similar ao tecido extensivo de San Paio de Navia. Vertebrando este novo espazo aparecerá unha rúa de carácter propio que vai conectando as distintas etapas entre si e onde convivirán tódolos usos, mais o predominante será o do peón. Esta rúa irá acompañada dun sistema viario que da servizo a tódalas parcelas e conecta o ámbito con San Paio de Navia tratando de manter o trazado dos antigos camiños que, ata o momento, conectan estas zonas. Pretendese ordenar a
vexetación dispersa existente por todo o ámbito con zonas de espazos verdes onde introduciranse especies autóctonas. Estas bolsas verdes atoparanse repartidas por tódalas etapas, dispostas de maneira ordenada dentro da proposta, creando espazos públicos de relación que dan servizo tanto a nova trama residencial como aos veciños de San Paio de Navia. Tamén tratarase de respectar e integrar na proposta de ordenación, na medida do posible, tanto as edificacións preexistentes como algunha das masas arbóreas preexistentes.»

«6.1.5. Desenvolvemento previsible do planeamento.-
Dentro destas Alternativas posibles, e descontando a Alternativa “0” de inactividade, que levaría consigo o paulatino deterioro da área, a elixida como máis idónea parece ser a de realizar a Modificación do Plan Parcial, fronte a calquera outra, debido fundamentalmente aos seguintes motivos:
• A realización da Modificación garante o mantemento dos actuais valores ambientais e culturais do ámbito e a súa integración na malla urbana da cidade de Vigo.
• Permitirá rematar a ordenación e racionalizar o actual Polígono de Navia, coas fases pendentes de execución.
• Ordenar todas aquelas dotacións, equipamentos e sistemas locais do ámbito da actuación, en atención ás necesidades da poboación xa asentada como a futura derivada das fases pendentes.
• Efectuar unha adaptación das edificacións pendentes nas zonas de borde en contacto coas parroquias de Coia e de Navia, nunha transición harmónica, pero con criterios de concentración e economía de solo.
• Adaptar as tipoloxías edificatorias ás normativas en materia de vivenda de protección, e ás Normas do hábitat galego, en liña coa Sostibilidade económica, ambiental e a mellora da calidade de vida dos cidadáns.
• Respectar, na medida do posible, os elementos característicos que se atopan dentro do ámbito de actuación, como poden ser algunhas das edificacións ou masas arbóreas, tratando de integralos no Planeamento.»

Como curiosidad, reseñar que en dicho informe se incluyen algunas fotografías obtenidas de la web www.paudenavia.net de las cuales no se ha solicitado autorización ni a la web ni a los autores de las fotos para su publicación. Del mismo modo tampoco aparece referencia o cita alguna en el texto. Del mismo modo se pueden contemplar algunas fotos de imágenes del servicio de Google Street View y Maps/Earth de las cuales tampoco aparece referencia, cita o mención alguna en los inexistentes créditos y bibliografía del trabajo.

Related Images:

Infraestructuras, Noticias, Vivienda ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.