Denominación de rúas do Plan Parcial de Navia (2005)

En sesión del Pleno del Concello de Vigo de hoy, 12 de septiembre de 2005, en el punto 36 del orden del día, se hace constar:

36.- (192).-DENOMINACIÓN DE RÚAS DO PLAN PARCIAL DE NAVIA. EXPTE. 9127/331.

ANTECEDENTES.- Con data 9 de agosto de 2005, o concelleiro delegado da Área
de Asuntos sociais formula o seguinte informe-proposta:

“O Pleno da Corporación Municipal, na súa sesión do 29 de novembro de 2004, acordara diversas denominacións de nomes para as rúas do plan parcial de Navia; na súa sesión do 25 de abril de 2005 o Pleno acordou sobre este asunto que “cos informes técnicos pertinentes, pase previamente a estudo da comisión informativa de Asuntos Sociais para que emita informe”.

A Asociación Veciñal “Emilio Crespo” de San Paio de Navia, con datas 24 de febreiro e 14 de marzo de 2005 presentou propostas e solicitudes sobre este asunto polo que se lle deu trámite de audiencia por parte desta concellería delegada.
Entre as atribucións do concelleiro-delegado da Área de Asuntos Sociais, en materia de cultura, entre outras, figura a de “elevar ó Concello-Pleno, en colaboración cos servizos de Cartografía e Estatística, a denominación das vías públicas, prazas e parques municipais”.
Tras o trámite de audiencia á Asociación Veciñal “Emilio Crespo” de Navia e de remisión da proposta ó Servizo de Estatística, en virtude da citada atribución…”
A seguir o Concelleiro delegado de Cultura formula a proposta que se contén na parte dispositiva deste acordo. 

A comisión informativa de Asuntos Sociais, en sesión do día 5 de setembro de 2005, dictamina favorablemente a devandita proposta.

INTERVENCIÓN DA SRA. MARTÍNS VILANOVA: «Quería facer unha intervención en dous sentidos opostos, por un lado de satisfacción e por outro de censura. En primeiro lugar quero mostrar a miña satisfacción de que por fin nas rúas de Navia se cumpra o acordo do Pleno do mes de outubro do pasado ano sobre toponimia. Por outra parte está a censura porque o Goberno municipal do PP tardou nada máis e nada menos que un ano en caer na conta de que tiña que cumprir ese acordo, acordo que contemplaba as demandas non só feitas polo noso grupo, senón tamén pola Universidade de Vigo, a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, polo Instituto de Estudos Vigueses, pola Asociación Galega de Onomástica e pola Federación de Asociacións Veciñais.
Todo un ano para algo para o que non se precisaba desembolso económico de ningún tipo, tendo en conta ademais que se contaba co traballo do censo de microtoponimía previamente feito no ano 2002 polos departamentos de Estatística, Medio Ambiente, Urbanismo e Normalización Ligüística. Paréceme que iste é todo un síntoma do seu xeito de funcionar, da xestión “áxil” da que antes falaba o Sr. Figueroa e un exemplo de que este caso é outro exemplo máis de que nin talante nin talento para facer ben as cousas no seu momento.»

(No momento da votación están ausentes os Sres. Barros Puente e Vieitez Alonso e a Sra. Graña Barcia).
VOTACIÓN E ACORDO.- Por unanimidade dos vintetrés membros presentes da Corporación, dos vinteseis que a constituen de feito acórdase:

Primeiro.– Asignar o nome de “As teixugueiras” ó novo vial do Polígono de Navia que figura con número 1 no plano incluído no expediente.
Segundo.- Asignar o nome de “Ufas” ó novo vial do Polígono de Navia que figura con número 2 no plano incluído no expediente.
Terceiro.- Asignar o nome de “Pedra Seixa” ó novo vial do Polígono de Navia que figura con número 3 no plano incluído no expediente. 
Cuarto.- Asignar o nome de “Lamelas” ó novo vial do Polígono de Navia que figura con número 4 no plano incluído no expediente.
Quinto.- Asignar o nome de “Limpiño” ó novo vial do Polígono de Navia que figura con número 5 no plano incluído no expediente.
Sexto.- Asignar o nome de “Pozo Cabalo” ó novo vial do Polígono de Navia que figura con número 6 no plano incluído no expediente.

 

Related Images:

Infraestructuras, Servicios Públicos, Tráfico , , , , , , , , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.